Os Reis Magos percorren as aldeas do rural galego
Os Reis Magos percorren as aldeas do rural galego
As súas maxestades de Oriente visitaron os nenos e as nenas do concello ourensán de Ramirás e tamén os maiores da residencia
Moi emocionados recibíronnos con música e entregáronlles as cartas coas súas peticións
Pero non só visitaron as vilas e as cidades galegas. Os reis de Oriente: Melchor, Gaspar e Baltasar, tamén estiveron nas aldeas do rural por toda Galicia.
Facendo ruído... e en coches así chegaron os Reis Magos ao concello ourensán de Ramirás.
Acompañados dos paxes e ao son da música os nenos e as nenas e toda a veciñanza recíbenos cheos de ilusión e entréganlles as súas cartas cos seus desexos.
Os máis pequenos e tamén os maiores do rural gozan dunha xornada chea de maxia e emoción.
No centro social do Picouto toda a cativada puido ter un momentiño especial coas maxestades de Oriente antes de seguiren o seu camiño.
Os Reis Magos teñen unha xornada de moito traballo porque non queren deixar ningún recuncho de Galicia sen visitar. Estiveron recollendo as cartas coas peticións dos nenos e as nenas de Ramirás, pero tamén estiveron visitando outras aldeas do rural da provincia de Ourense como por exemplo nos concellos de Oímbra, Cualedro ou Boborás.