Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Reis Magos xa percorren Galicia

Os Reis Magos xa percorren Galicia

Visitaron polo de agora os nenos de Pontevedra, Santiago, Lugo e Oímbra

G24.gal 05/01/2022 17:38

Por fin chegou o día máis agardado do ano para toda a cativada. As súas maxestades os Reis Magos están visitando xa algunhas cidades, vilas e aldeas de toda Galicia tras unha longa viaxe dende Oriente. Por diante teñen un día de moito traballo para levar a ilusión a todos os fogares.

Como di o rei Gaspar: "Para iso estamos, para traer a ilusión, esperanza, felicidade e sobre todo este ano vimos cargados de saúde"

En Lugo, Pontevedra e en Santiago a recepción real comezou xa de mañá e nin a choiva puido coa ilusión e os nervios.

Os Reis agradecéronlles aos pequenos que se puxeran a vacina para poder volver a estar xuntos o vindeiro ano e pedíronlles tamén que, este día tan especial, se deiten cedo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar