Os reis presiden o funeral polas vítimas da DINA na Catedral de Valencia
Os reis presiden o funeral polas vítimas da DINA na Catedral de Valencia
Na parte central do templo seguiron a cerimonia máis de 400 familiares das vítimas
A catedral quedou pequena para acoller a cerimonia convocada polo arcebispo da diocese
Os reis de España quixeron acompañar os familiares das 222 vítimas mortais da DINA na misa funeral polas súas almas. A catedral de Valencia quedou pequena para acoller a cerimonia convocada polo arcebispo da diocese.
Estivo o Goberno valenciano en pleno, tres membros do Goberno central, algúns presidentes autonómicos e o líder do PP. Tamén os alcaldes dos concellos afectados pola riada e representantes dos corpos do exército que traballaron na recuperación e busca de desaparecidos.
A imaxe da patroa de Valencia, a Virxe dos Desamparados, foi trasladada desde a súa basílica ata a catedral para o funeral. Na parte central do templo seguiron a cerimonia máis de 400 familiares das vítimas da traxedia do 29 de outubro. Algúns levaban retratos das persoas que perderon.
Para todos eles e para os afectados tivo palabras de consolo o arcebispo Benavent.
Palabras tamén de agradecemento para os que achegaron a súa solidariedade e uniron forzas para aliviar o sufrimento dos afectados.