Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os reis regresan a Santiago para realizar a ofrenda ao Apóstolo

Os reis regresan a Santiago para realizar a ofrenda ao Apóstolo

É a cuarta vez que o actual monarca preside a ofrenda

Visita da familia real durante a ofrenda deste 25 de xullo Visita da familia real durante a ofrenda deste 25 de xullo
G24.gal 24/07/2022 21:16 Última actualización 25/07/2022 12:09

O rei Filipe VI e a raíña Letizia, acompañados das súas fillas, a princesa Leonor e a infanta Sofía, volven a Santiago de Compostela este 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, para realizar a ofrenda ao Apóstolo por terceiro ano consecutivo.  

Fóra do Ano Santo, en cada ofrenda a Casa Real designa un delegado rexio entre as personalidades políticas da Comunidade, que desempeña o papel de oferente nesta cerimonia na Catedral.  

Sen ser ano Xacobeo, Filipe VI optou por exercer este labor en 2020 e en 2014, pouco máis dun mes despois da súa coroación e cando se cumpría un ano do accidente do tren Alvia no barrio compostelán de Angrois, que motivara a suspensión das celebracións en 2013.  

Máis aló das actividades culturais e sociais sucedidas ao longo de toda a semana na capital galega, incluídos os insignes lumes da noite do 24 e a entrega das Medallas de Galicia, a Ofrenda ao Apóstolo será a primeira celebración solemne que dará inicio á conmemoración do 25 de xullo.

Estará presidida por Filipe VI nunha cerimonia que se celebrará de novo na catedral, como xa ocorreu en 2021 despois dun lapsus de dous anos.

O acto civil de recepción aos membros da Casa Real será na praza do Obradoiro ás 12:00 horas. O rei pasará revista ás tropas e, tras un pequeno desfile, o monarca accederá á catedral con toda a comitiva a través do Pórtico da Gloria.

Entre os asistentes tamén se esperan representantes da Xunta, do Parlamento galego e do Concello. Ademais, a vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, exercerá como ministra de xornada que acompañará a Filipe VI.  

A misa, oficiada polo arcebispo compostelán, Julián Barrio, comezará sobre as 12:30 horas. Ao finalizar a cerimonia, a comitiva trasladarase ao Pazo de Raxoi, onde As súas Maxestades asinarán no Libro de Ouro do Concello.  

Será a cuarta vez que o actual monarca se encargue de presidir a Ofrenda. No anterior Xacobeo, en 2010, foi o seu pai, Xoán Carlos I, o que se encargou deste labor, algo que fixo todos os Anos Santos desde a súa coroación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade