Médicos galegos que traballan por todo o mundo reivindican en Santiago a importancia da investigación
Médicos galegos que traballan por todo o mundo reivindican en Santiago a importancia da investigación
Médicos galegos que traballan por todo o mundo reivindican en Santiago a importancia da investigación
Máis de 3.000 médicos galegos que exercen en universidades, laboratorios e hospitais de todo o mundo cítanse na facultade de Medicina de Santiago para falar de innovación
A covid permite xa volver a este tipo de eventos presenciais pero segue marcando axenda
O segundo encontro mundial de médicos galegos comezou onte cun relatorio sobre as pandemias na historia do Camiño de Santiago e remata mañá con outra conferencia sobre o mundo poscovid. Pero no medio, hai todo tipo de temas de saúde e de interese xeral.
Hoxe a xornada céntrase na innovación, e nela os profesionais da medicina están a poñer o foco na importancia da investigación de base para o desenvolvemento de novas terapias.
"Antes tiñamos outras pandemias, unha delas era o cancro, e cando remate a covid, seguiremos tendo cancro. Agora é o momento de recuperar o tempo perdido cos pacientes e na investigación", subliña Xosé Ramón García Bustelo Profesor de investigación do CSIC.
Marisol Soengas, quen dirixe a investigación sobre o melanoma do CNIO, explica que quere facer unha reivindicación do importante que é a investigación básica. "O melanoma é un tumor moi agresivo, con moita capacidade para diseminarse polo organismo e en pouco máis de dez anos pois hai dez tratamentos aprobados grazas á investigación de base", afirma.
O número de impactos que hai de visualización das conferencias deste congreso "é impresionante", di a vicepresidenta de ASOMEGA.
"Son proxeccións pequenas, de pouco tempo, con pílulas moi importantes e a xente quere lembrar", engade Inmaculada Ramos.
Os protagonistas desas pílulas: os profesionais médicos de orixe galega e de altísimo nivel, neste encontro que ASOMEGA, a Asociación de Médicos Galegos, pretende facer bianual.