A Catedral de Santiago apela ao xuízo das autoridades para recuperar as apertas ao Apóstolo
A Catedral de Santiago apela ao xuízo das autoridades para recuperar as apertas ao Apóstolo
Abrazar o santo é un dos ritos xacobeos máis antigos, pero leva prohibido máis de dous anos pola covid
Pola angostura do camarín de Santiago, sobre a tumba do Apóstolo, circularon durante séculos reis, papas e ducias, centos, milleiros de persoas do común que cumpriron coa tradición, desde 1.211 ata 2020. Non había documentada ningunha parada nun dos ritos xacobeos máis antigos ata que chegou a covid, e o cambiou todo.
A pregunta é se neste momento sería seguro entrar no camarín, tan estreito, e tocar a bicar a imaxe do santo. Aos peregrinos failles ilusión, pero os responsables da catedral din que debe ser unha decisión moi meditada e que conte sempre co visto e prace das autoridades sanitarias.
"Hai que ter en conta que a imaxe non se pode limpar con produtos hidroalcólicos ou desinfectantes"
O responsable da Fundación Catedral explica que teñen todo listo para abrir o camarín pero esperan o veredicto das autoridades sanitarias.
Mentres, Xunta e a Catedral asinaron este luns un convenio que destina máis de 800.000 euros ao reforzo da seguridade e outros 300.000 a mellorar a recepción e a acollida.