Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os restaurantes teñen que cobrar os recipientes de plástico dun só uso

Os restaurantes teñen que cobrar os recipientes de plástico dun só uso

A norma entrou en vigor este domingo

G24.gal 01/01/2023 13:20 Última actualización 01/01/2023 18:37

Os restaurantes que ofrecen comida e bebida para levar están obrigados a cobrarlle os recipientes de plástico dun só uso á clientela, tal e como establece a lei do 8 de abril do 2022 para unha economía circular. 

Segundo a normativa, dende este domingo os establecementos están obrigados a cobrar os recipientes de plástico dun só uso, e no tícket ou na factura o seu cobro debe aparecer dun xeito diferenciado.

O sector da hostalería estase adaptando á medida pero existen moitas dúbidas sobre o xeito de facelo e o prezo que lle van poñer a este tipo de recipientes.

Algúns locais foron adaptando o seu servizo de distribución, tratando de evitar xerar máis plástico dun só uso, apostando por recipientes biodegradables.

Con todo, xa dende hai tempo, cada día é máis frecuente que a clientela acuda aos restaurantes cos seus propios recipientes para recoller as encargas ou a comida que queda nos pratos, que, de non ser así, acabaría nos colectores do lixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade