Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os retos do rei Carlos III tras a súa coroación

Os retos do rei Carlos III tras a súa coroación

O monarca enfróntase a xestionar as disputas familiares, intentar reverter a desafección da xente nova coa monarquía e modernizar a institución

Entre os desafíos están tamén a de manter a unión do Reino Unido, mellorar as relacións coa UE e a pervivencia da Commonwealth

G24.gal 06/05/2023 14:58 Última actualización 06/05/2023 15:31

Como será o reinado de Carlos III é aínda unha incógnita... Ten un perfil distinto ao da súa nai pero ten que enfrontarse tamén a retos diferentes como manter a unión do Reino Unido, co conflito de Irlanda do Norte e con Escocia, mellorar as relacións coa UE tras o brexit e a pervivencia da Commonwealth.

"Como vai desenvolver a política exterior, a saída de países da Mancomunidade, as Illas Virxes, as illas do Caribe, que estaban esperando a morte da raíña para emanciparse", di Patricia Fra López, filóloga inglesa e profesora da USC.

"A raíña fixo un papel espectacular de raíña forte, de peso, con liderado, que eu creo que a Carlos lle falta", engade a xornalista Ana Iglesias.

Carlos III enfróntase tamén a outros desafíos como xestionar as disputas familiares, sobre todo co seu fillo menor, intentar reverter a desafección da xente nova coa monarquía e modernizar a institución.

"Moita xente nova o que esperaba era que houbera o cambio xeracional, que en lugar do eterno aspirante fora rei o seu fillo", destaca Patricia Fra López.

"Eu creo que a coroación vai ser o punto de arranque do reinado de Carlos pero tamén un xeito de marcar esa figura de distancia, porque é lóxico, porque lle tocan outros tempos", di Ana Iglesias.

Entre os puntos ao seu favor está o seu ecoloxismo e a súa traxectoria na defensa do medio ambiente, pero tamén terá que intentar converterse en argamasa dunha sociedade británica que se polariza cada vez máis.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade