Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os salóns de peiteado acusan a longa etapa de carestía da electricidade

Os salóns de peiteado acusan a longa etapa de carestía da electricidade

"Vai chegar un momento en que haberá que subir as tarifas", din os profesionais

Actividade nun salón de peiteado de Boiro este mércores
G24.gal 30/11/2022 13:46

A actividade en salóns de peiteado e barberías segue a sumar meses de forte presión pola carestía nos gastos de funcionamento. Aos extras que afrontaron na reapertura ao público tras o confinamento pola covid engadiuse a carestía da electricidade, de moito consumo nestes establecementos, e viñeron máis...

"A suba da enerxía, dos prezos dos produtos, a suba de todo; dos seguros, dos impostos.... O que subimos ás tarifas é un pouquiño, non é suficiente. Son máis os gastos que os beneficios", afirma Loly, propietaria de Peluquería Imagen.

Preguntamos nunha barbería, e o panorama é similar. Non é doado repercutir as subas no que cobran pola prestación do servizo para manter a actividade:

"Vai chegar un momento en que haberá que subir as tarifas. Levo catro anos sen subir o prezo dos servizos", di Carlos, propietario de Barbería Seven.

Engade que non queda moita marxe de tempo para ter que subir os prezos.
Nesta área do sector dos servizos lembran a presión económica que soportan desde a suba do IVE e que xa ocasionara perdas de emprego.

"Cando nos subiron o IVE ao 21 tiven que prescindir dalgunha persoa. Eramos máis traballando", lembra Loly, e, como outros compañeiros, pide un alivio nos custos da actividade, porque ven inaplicable repercutir ese aumento na factura aos clientes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade