Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os salóns de peiteado estudan subir os prezos debido á inflación

Os salóns de peiteado estudan subir os prezos debido á inflación

A suba de prezos neste sector é dun 27 %

Cada vez ven máis inasumible facerse cargo dos gastos sen que repercuta no cliente

Ata o de agora asumían os negocios a suba de prezos
G24.gal 08/08/2022 16:52

O aumento de custos que está provocando a inflación fai difícil a viabilidade de moitos negocios, entre eles os salóns de peiteado. Alí a suba é dun 27 %, algúns xa pensan en repercutila nos seus clientes.

Xa non hai equilibrio entre os gastos e os ingresos. Cando aínda non se recuperaran dos efectos da covid, os salóns de peiteados seguen facendo malabares para chegar a fin de mes.

"Isto é moi duro porque é moi forte as subidas que houbo en tan pouco tempo e que temos que asumir nós o custo do cliente porque non podemos chegar a subir os prezos como nos interesaría subir para poder manter o negocio", di Ana Barros, peiteadora.

A inflación cífrase neste sector nun 27 %, subiu o prezo da luz, pero non é o único.

"Hoxe en día non hai moita marxe, primeiro porque as cotas subiron as de autónomos, Seguridade Social, as nóminas, xa sabemos todos, a luz e os produtos subiron tanto que o custo é maior de gasto que de ingreso", asegura a mesma peiteadora.

Levan meses facendo números para non repercutir estas subas nos seus clientes.

"Unha perruca de cabelo natural subiu 200 euros nun par de meses, unha perruca de fibra 50, 60 euros máis; e é moita, moita diferenza e iso si que temos que repercutilo, non podemos asumir ese custo."

A dúbida está en como os clientes van recibir unha subida de prezos, a ninguén lle gusta pero moitos enténdeno.

Para o sector a solución pasa por conseguir o IVE reducido polo que levan loitando tanto tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade