A Asociación de Usuarios de Vehículos Eléctricos bota en falta unha aposta global
A Asociación de Usuarios de Vehículos Eléctricos bota en falta unha aposta global
España está á cola de Europa na electrificación do parque automobilístico
Na asociación de usuarios destes vehículos defenden os seus aspectos positivos
O ano pasado a venda de vehículos electrificados subiu un 23 % en España e a tendencia á alza mantense. Febreiro pechou cun aumento de matriculacións do 6,3 %. Con todo, seguimos á cola de Europa na electrificación do parque automobilístico.
O delegado en Galicia da asociación de usuarios destes vehículos cre que falta unha aposta real.
"O tema é unha aposta global, non unha axuda concreta á compra ou á infraestrutura, senón unha aposta real das administracións e tamén das marcas", puntualiza Julio Páramo.
Julio Páramo subliña, por exemplo, que se está a incumprir a parte lexislativa.
"Os puntos de carga que se teñen que instalar está lexislado pero non se está a cumprir a lexislación", explica.
O delegado en Galicia da Asociación de Usuarios de Vehículos Eléctricos asegura que cunha rede de carga adecuada, a autonomía destes vehículos non sería un problema. Tamén defende que non saen máis caros que os coches de combustión, se se observa o seu custo de uso.
"A comparación non ten ningunha dúbida. Os coches, sobre todo os chineses, son incluso máis baratos que os coches de combustión tradicional", mantén.