Os sindicatos non descartan mobilizacións ante a dificultade para conseguir citas na Seguridade Social

O Ministerio anunciou hai un par de meses un plan de reforzos que os sindicatos consideran insuficiente
Tres anos despois da pandemia aínda segue sendo necesaria a cita previa para acceder ás oficinas da Seguridade Social e é moi complicado poder conseguir esa cita. O ministerio de José Luis Escrivá anunciou unha serie de medidas que non satisfán os sindicatos. Estes denuncian o colapso da Seguridade Social e non descartan accións se o Goberno non atende as demandas dos traballadores.
Día tras día os cidadáns chocan cun sistema que fai case imposible conseguir unha cita para ser atendidos nas oficinas da Seguridade Social. Ante esta situación, o ministerio anunciou hai uns meses un plan de reforzos que os sindicatos consideran insuficiente. Piden a incorporación de máis traballadores para botar unha man a un cadro de persoal canso tras anos de traballo moi intenso. De non atender as demandas, advirten, non descartan convocar unha folga que causaría máis atrasos nos trámites dos cidadáns.