Publicador de contidos
Publicador de contidos

Socios do Goberno e a oposición piden investigar as mortes de Melilla

Socios do Goberno e a oposición piden investigar as mortes de Melilla

 O executivo central continúa sen posicionarse sobre a apertura dunha investigación

Marrocos cava fosas comúns para enterrar os migrantes que morreron tentando entrar en Melilla 

G24.gal 27/06/2022 14:50

O goberno de Sánchez reitera o compromiso e a súa aposta por dar solucións ao desafío das migracións. Polo momento, o PSOE elude posicionarse sobre a apertura dunha investigación, tal e como lle piden dentro do propio Goberno e desde a oposición. Culpan as mafias do acontecido en Melilla.

Unidas Podemos volveu reclamar unha investigación independente sobre a traxedia que acabou con 37 vítimas mortais. Ademais insta o Goberno a condenar as mortes e a actuación da xendarmería marroquí. 

Os socios de goberno non quixeron valorar as palabras de Pedro Sánchez, que desataron unha tormenta política ao aplaudir a actuación das forzas de seguridade de Marrocos e dicir que o asalto violento quedou ben resolto.

Quen si avaliou estas declaracións foi o Partido Popular, que tamén reclama unha investigación da traxedia. Marrocos cava fosas comúns para enterrar os migrantes que morreron tentando entrar en Melilla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade