Publicador de contidos
Publicador de contidos

Talleres mecánicos de Lugo farán contratacións no Perú ante a falta de man de obra

Talleres mecánicos de Lugo farán contratacións no Perú ante a falta de man de obra

Xa pecharon 45 contratacións que agardan incorporar no verán 

G24.gal 18/04/2024 13:54

Os talleres mecánicos teñen canda vez máis dificutade para atopar man de obra. Para sortear este problema a Asociación Provincial de Talleres de Lugo puxo en marcha unha iniciativa pioneira en España e decidiu buscar traballadores no Perú.

Roberto Lucas, de Talleres Lusitano, di que é un problema que o sector leva arrastrado tres anos, pero que se agudizou estes dous últimos.  

A situación é especialmente complicada nos talleres de reparación de maquinaria agrícola. Luis Abelleira, presidente da Asociación Provincial de Reparación e Venda de Automóbiles e Recambios (APREVAR), di que "os máis demandados son para mecánica agrícola porque o sector evolucionou moito nos últimos anos, con sistemas que xa son completamente electrónicos".  

Miguel Ángel Meilán, de Durán Maquinaria, conta que "os traballadores precisan ser especialistas en hidráulica pneumática e en electrónica porque moitas das máquinas agrícolas non levan motor senón que tiran da toma de forza dos tractores".

A FP non subministra o reemprazo necesario. O presidente de APREVAR di que "moitos dos rapaces que saen formados da FP non quedan no sector. Moitos van traballar a empresas eólicas".

Roberto Lucas di que "non hai xente cualificada e que en módulos de FP coma é o de chapa e pintura hai moi poucos alumnos".

A asociación de talleres mecánicos de Lugo decidiu xestionar entre os seus socios a contratación de traballadores no Perú, aos que axudan nos trámites administrativos ademais de pagarlles a viaxe e proporcionarlles un primeiro aloxamento. Están case pechadas unhas 45 contratacións e esperan que se poidan incorporar aos seus novos postos de traballo este verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade