Cargando resultados...
Os traballadores de Navantia anuncian mobilizacións se non hai avances na negociación colectiva
Os traballadores de Navantia anuncian mobilizacións se non hai avances na negociación colectiva
O comité de empresa denuncia os incumprimentos do Goberno en materia de emprego e de carga de traballo
G24.gal
05/04/2024 14:51
O comité de empresa de Navantia denuncia os incumprimentos do Goberno central no emprego e na carga de traballo que prometera para a factoría de Ferrol. E anuncian mobilizacións se non hai avances na negociación do convenio colectivo.
"A promesa que veu facer en campaña electoral o Presidente, Pedro Sánchez, da construción dun BAC parece que vai sufrir un atraso na orde de execución de tres meses. Pedimos que se execute na ría de Ferrol", asegura Carlos Díaz, presidente do Comité de empresa.