Os traballadores de Vestas bloquean o tráfico na Ronda da Muralla de Lugo
Os traballadores de Vestas bloquean o tráfico na Ronda da Muralla de Lugo
Preto dun cento de vehículos participan na caravana de protesta en defensa dos seus postos de traballo
Vestas pechará a planta de Viveiro a finais de ano
Hora punta. Parados na principal vía de tráfico da cidade, a Ronda da Muralla. Ringleiras de coches atrapados por unha nova protesta dos traballadores de Vestas en defensa dos seus postos de traballo: "Os ánimos teñen que estar arriba porque estamos loitando polos nosos postos de traballo"; "Estamos fortes e unidos"
Á espera de que lles notifiquen os despedimentos din que só lles queda loitar. David Mariño. Presidente do comité de empresa "Virtualmente estamos despedidos"; di David Mariño, presidente do comité de empresa "só nos falta a carta de despido notificandonos o día exacto que nos vamos a rúa"
Vestas pechará as instalacións de Viveiro a finais de ano e os seus 115 empregados irán á rúa:
"Temos que tumbar o ERE" e endaden "xa dixemos con ou sin Vestas o importante son os postos de traballo"
Nesta conta atrás a esperanza chega cunha nova convocatoria da mesa industrial para o vindeiro xoves. Unha cita en que agardan ter novas dun posible comprador e a que tamén están chamadas a participar as ministras de Industria e Transición Ecolóxica. "Esa convocatoria ten que significar algo, algún tipo de oferta de actualización importante que transmitirlle aos traballadores esa é a nosa esperanza", sinala Mariño.
Confían nesa reunión e na resolución dos xuíces sobre a nulidade do ERE.