Os traballadores de Vestas endurecen as protestas ao rematar o período de consultas do ere
Os traballadores de Vestas endurecen as protestas ao rematar o período de consultas do ere
A primeira protesta será ás portas da fábrica de aeroxeradores
Os traballadores de Vestas volven este xoves á rúa para defender os seus postos de traballo. Retoman as mobilizacions logo de non chegaren a un acordo coa empresa para que ampliase o período de consultas do ere.
Queren facer ruído e facerse oír en toda a comarca. A primeira protesta será ás portas da fábrica de aeroxeradores. Mañá trasladaranse a Foz, unha marcha que sairá do peirao e percorrerá varias rúas da vila.
Rematou sen acordo o período de consultas do ERE, a empresa ten vía libra para iniciar o despedimento colectivo. A súa intencion é manter os 115 postos de traballo ata finais de ano, data na que pretende pechar a planta.
Os traballadores piden unha nova xuntanza da mesa industrial para seguir pola vía de encontrar un comprador e evitar o peche.