Cargando resultados...
Os traballadores do aeroporto da Lavacolla convocan paros para o 16 e 17 de maio
Os traballadores do aeroporto da Lavacolla convocan paros para o 16 e 17 de maio
Cualifican de insostible a carga de traballo que asumen co traslado das operación de Peinador
G24.gal
07/05/2024 21:10
Os representantes dos traballadores do aeroporto da Lavacolla quéixanse da sobrecarga de traballo que asumiron logo de que Aena trasladara as operacións de Peinador ao aeroporto compostelán.
Cualifican a situación de insostible. Prevese un incremento de máis de 700 voos durante as vindeiras semanas.
AENA sostén que o aeroporto de Santiago ten capacidade abondo para asumir a carga extra, pero os sindicatos din que xa se están a producir atrasos nas entregas de equipaxe e ringleiras nos filtros de seguridade. Convocaron paros para os días 16 e 17 de maio.