Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os transportistas reclaman máis axudas para paliar o prezo dos combustibles

Os transportistas reclaman máis axudas para paliar o prezo dos combustibles

A Plataforma Nacional do Transporte reúnese este domingo para valorar medidas de presión

A Federación Galega de Transporte de Mercadorías non apoia un paro do sector

Os transportistas reclaman novas axudas ao carburante
G24.gal 25/06/2022 13:41 Última actualización 25/06/2022 14:01

Desde o sector do transporte a suba dos combustibles leva de novo a xuntanzas dos profesionais para valorar a posibilidade de novos paros. A Plataforma Nacional do Transporte, que parou en marzo, votará mañá esta medida, mentres que a Federación Galega de Transporte de Mercadorías segue considerando que sería un erro volver ao bloqueo. 

A axuda do ministerio dos 20 céntimos por litro do mes de marzo que desconvocou o paro do transporte da primavera xa non serve para facerlles fronte aos prezos dos combustibles, que seguen subindo.

Así o valoran os transportistas, e ante esta situación o colectivo que reúne a Plataforma Nacional do Transporte volve falar dun novo paro se non hai unha lei contra os portes a perdas antes de que acabe este mes.

Mañá votarán esta medida, que non comparte a Federación Galega de Transporte de Mercadorías e está negociando co ministerio un novo plan de axudas, tal e como explica Ramón Alonso, presidente de Fegatramer.

Temos unha serie de puntos que lles estamos volvendo pedir. Unha delas é que sigan eses 20 céntimos ata finais de ano, con outros 20 máis porque, como vostede di, xa está absorbido o prezo coas subas que houbo.

Insisten en analizar a orixe desta suba de prezos na cadea de subministración e os beneficios das petroleiras.

 Esa cadea de subministración que se vixíe por partes das autoridades e que miren se se están pasando nas marxes que están obtendo. Non hai máis que ver os resultados das tres grandes petroleiras: Cepsa, Repsol e BP, que ao parecer multiplicaron por oito ou nove os seus beneficios, polo tanto aí si que hai un problema e hai que actuar.

Pídenlles ademais aos transportistas que non cedan ante os abusos das empresas cargadoras.

Sábese dalgún caso que hai cinco anos que non soben os prezos e que lles están pedindo rebaixa, neste momento co gasóleo ao dobre do prezo. Polo tanto aí tamén hai que actuar.

Con estas medidas, din, poderían traballar nunhas condicións normais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade