Os trens viaxan completos na operación retorno do Nadal
Os trens viaxan completos na operación retorno do Nadal
Renfe programou un tren máis de reforzo entre Santiago e Madrid na tarde do domingo
"Mañá volvo traballar, acabouse".
"Contenta de pasar estes días coa familia e contenta de volver á rutina", comentan os pasaxeiros.
Con máis ou menos ganas, toca volver á casa e, coma case sempre nestas datas, con algo máis de equipaxe.
"A maleta vai ata arriba con todos os regalos dos Reis, a roupa e todo", di unha nena.
Entre os que collen o tren en Santiago, moitos universitarios que regresan ás aulas.
"Imos empezar os exames de recuperación e moito estudo, pero con ganas".
"Faise duro, pero toca volver á rutina", contan.
Todos os trens a Madrid viaxan cheos, a pesar de que Renfe programou un de reforzo na tarde do domingo dende a capital galega.
"É difícil atopar billete así a última hora".
"As promesas están ben, cantos máis trens e máis posibilidades vai ser mellor para todos, pero xa queremos ver realidades".
"Si, son catro horas máis menos e penso que mellorou moito o transporte por tren, a verdade é que si", din os usuarios.