Os tres restaurantes galegos Estrelas Verdes Michelin 2021 reafirman o seu compromiso co medio
Os tres restaurantes galegos Estrelas Verdes Michelin 2021 reafirman o seu compromiso co medio
O 2021 recoñeceu os restaurantes galegos Culler de Pau, Pepe Vieira e O Balado polo seu compromiso coa sostibilidade
A conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, convidounos a participar na alianza galega polo clima
O 2021 recoñeceu tres restaurantes galegos polo seu compromiso coa sostibilidade.
Os tres, Culler de Pau, Pepe Vieira e O Balado, reuníronse coa conselleira de Medio Ambiente, que os convidou a participar na alianza galega polo clima.
O cociñeiro de Pepe Vieira (Poio), Xosé Cannas, agradeceu o convite da conselleira e defende que Galicia está nun momento óptimo para ser un referente medioambiental de ámbito nacional e, sobre todo, porque "o sector ten vocación para conseguilo".
O cociñeiro de Culler de Pau (O Grove), Javier Olleros, explicou que estes recoñecementos verdes serven "para poñer o debate da sostibilidade enriba da mesa" e fai os cociñeiros "máis conscientes da necesidade de sumar para deixar un mundo mellor".
Pola súa parte, Roberto Filgueira, de O Balado (Boqueixón), afirma que "Galicia está moi ben posicionada e pode ser líder nos movementos e políticas verdes".