Publicador de contidos
Publicador de contidos

Obradoiro en Boimorto para mellorar a xestión dos montes de frondosas

Obradoiro en Boimorto para mellorar a xestión dos montes de frondosas

O Proxecto Forested tenta revalorizar estes bosques dun xeito sostible

Estas árbores ocupan máis do 40 % da superficie forestal galega

G24.gal 23/11/2024 19:36 Última actualización 23/11/2024 20:07

Carballos, castiñeiros e bidueiros, ocupan unhas 600.000 hectáreas do monte galego, algo máis do 40 %, segundo a Asociación Forestal de Galicia. A maioría son improdutivas polo abandono do monte.

O Proxecto Forested, que se leva a cabo en Cataluña e Galicia, financiado polo Ministerio de Transición Ecolóxica, busca revalorizar os bosques de frondosas e lograr madeira de calidade para edificación e mobiliario.

"O reto que se pretende afrontar neste proxecto é como conseguir que se obteñan mellores rendementos dos montes ao tempo que se conserva a biodiversidade e se fai unha xestión sostible. A tecnoloxía evolucionou moito, fanse uns tratamentos de secado e de autoclave, e as madeiras de frondosas son madeiras que teñen boa conservación".

A fiscalidade da venda de madeira e como conseguir a certificación forestal sostible para lograr un prezo mellor, foron outras cuestións das que se falaron durante esta xornada que incluíu unha visita a un monte de frondosas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar