Cargando resultados...
Os últimos campaneiros de Redondela
Avelino Piedras é o último de Cesantes, e agarda non ser o derradeiro
G24.gal
19/01/2025 13:56
Nun tempo con mil xeitos de comunicarnos aínda quedan vellos románticos que prefiren o tradicional.
É o caso dos campaneiros de Redondela, que avisan das festas e dos funerais e mesmo distinguen se é dun home ou dunha muller.
Subimos ao campanario de Cesantes con Avelino Piedras Couñago, fíxose cargo das campás desde hai un cuarto de século, aquí é ben querido por todos e no templo fai diversas funcións.
Aquí en Cesantes as badaladas cóntanse por carreiras ou tramos e conta a tradición que como o patrón é home: San Pedro, os funerais dos homes tócanse tres carreiras e o das mulleres, dúas.
Todos temen que este oficio desapareza. Un mal que, como moitos, é sino dos tempos.