Cargando resultados...
Sandiás recupera os cantos de Reis tradicionais da comarca da Limia
Sandiás recupera os cantos de Reis tradicionais da comarca da Limia
Pequenos e maiores percorreron a aldea de Piñeira de Arcos interpretando cantigas de Nadal típicas da comarca
G24.gal
04/01/2025 14:18
Última actualización 04/01/2025 15:34
Hai tres anos que o concello ourensán de Sandiás, da man do Centro de Desenvolvemento Rural do Viso, decidiu recuperar a tradición de cantar os Reis. Cada Nadal percorren unha aldea distinta. Desta volta tocoulle a Piñeira de Arcos.
Tras os últimos ensaios, pandeireta en man, levaron os cánticos tradicionais destas datas na zona da Limia de porta en porta.
A veciñanza agradeceu a visita co típico aguinaldo: lambetadas, doces ou cartos cos que animar os máis novos a continuar coa tradición.