As persoas que viven nas residencias, con ganas de recibir a cuarta dose
As persoas que viven nas residencias, con ganas de recibir a cuarta dose
O reforzo administrarase canda a vacina da gripe
A partir do luns, as persoas usuarias das residencias de maiores galegas comezarán a recibir a cuarta dose da vacina contra a covid, un reforzo que, para a maioría, servirá para afrontar con máis tranquilidade os meses de inverno.
Na residencia Portazgo, en Culleredo, o día fixado para a vacinación é o 3 de outubro e realizarase canda a vacina da gripe. En total, recibirán a cuarta dose 75 internos.
O coronavirus golpeou con crueza esta residencia de maiores. Nos primeiros meses da pandemia contaxiáronse preto do 70 % das persoas residentes e practicamente a metade dos profesionais que coidan delas.
Hoxe a realidade é moito máis relaxada. As clases de ximnasia son sen máscara e con Julio Iglesias soando de fondo.