Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os veciños de Chaioso sortean unha gran cesta de Nadal

Os veciños de Chaioso sortean unha gran cesta de Nadal

A Asociación Cultural de Veciños de Chaioso recupera a tradición do sorteo de produtos. Todos son de comercios de Maceda e están valorados en 2.400 euros

As rifas custan tres euros e están á venda no bar A Tapa de Maceda

O número premiado ten que coincidir coas tres últimas cifras do Gordo da Lotaría de Nadal

Os veciños da Asociación Cultural de Chaioso venden rifas para a Cesta de Nadal.
G24.gal 27/10/2021 21:09

A Asociación Cultural Veciños de Chaioso está moi orgullosa da súa gran cesta de Nadal, e estes días non paran de vender rifas. Din que quixeron recuperar este ano a tradición de vender as participacións para colaborar coas tendas e os comercios de Maceda

Cada rifa custa tres euros e é un donativo para colaborar coa asociación.  Sortean unha morea de produtos ademais dos típicos do Nadal, como un xamón, un curso de pintura e ata un televisor de 52 polgadas. Todos os produtos da cesta son de tendas da vila.

Ademais, contan con nove vales por valor de 50 euros cada un para gastar nos establecementos comerciais de Maceda. 

O gañador da cesta será o que teña o número que coincida coas tres últimas cifras do Gordo da Lotaría de Nadal. As participacións están á venda no bar A Tapa de Maceda. 

Fixeron un milleiro de participacións e aseguran que xa levan vendidas practicamente a metade delas. 

 

As participacións custan tres euros. As participacións custan tres euros.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar