Os veciños de Tordoia solidarízanse cos afectados polo incendio dunha casa
Os veciños de Tordoia solidarízanse cos afectados polo incendio dunha casa
Hai uns días unha parella con dous fillos menores sufriu un incendio na súa casa en Tibiáns, no concello de Tordoia
Os veciños de Tordoia mostraron a súa solidarierade cos afectados polo incendio dunha casa nesta localidade da Coruña. Hai uns días coñecíase o incendio dunha casa en Tibiáns en que unha parella con dous fillos menores o perderan todo en cuestión de minutos.
"Axudamos co que podemos porque pasa unha cousa así...", "está todo o concello entregado con elas", sinalan os veciños e veciñas da localidade. O certo é que unha onda de solidariedade se espallou en moi pouco tempo por todo o concello.
A parella di estar atafegada e moi agradecida por tanto apoio e xa ven máis luz para que pronto poidan volver ao seu fogar, no cal xa están a traballar sen acougo.
O Concello de Tordoia, amais de facilitarlles unha vivenda, tamén está a colaborar na restauración da casa e pon a disposición de todo aquel que queira axudar varias vías de colaboración, que se poden consultar nas súas redes sociais. Agardan que a axuda siga chegando para adozar un chisco o Nadal desta familia.