Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre unha muller ao chocar o seu coche contra un camión en Tordoia

Morre unha muller ao chocar o seu coche contra un camión en Tordoia

A vítima quedou atrapada no turismo tras bater co vehículo pesado

G24.gal 25/01/2024 14:28

Unha muller morreu este xoves ao chocar o seu coche contra un camión no concello coruñés de Tordoia, informa o 112.

O sinistro produciuse ás 12:48 horas no quilómetro 10 da estrada DP-8401, á altura do núcleo de Castenda da Torre.

O aviso reclamaba asistencia ante a existencia de persoas atrapadas no turismo accidentado, polo que acudiron os bombeiros, ademais do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Xa no punto, o persoal do 061 non puido facer nada pola vida dunha muller, que falecera como consecuencia do choque. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade