Dúas persoas feridas nun accidente entre un camión e un coche no Bolo
Dúas persoas feridas nun accidente entre un camión e un coche no Bolo
Os ocupantes do turismo tiveron que ser liberados polos bombeiros e trasladados ao hospital
Dúas persoas resultaron feridas de gravidade na tarde deste luns nun accidente de tráfico rexistrado no municipio ourensán do Bolo, onde chocaron un coche e un camión.
Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu pouco antes das 18:00 horas no quilómetro 39 da estrada OU-533, onde chocaron un turismo e un camión de transporte de pintura e morteiro con matrícula de Portugal.
De inmediato foi alertado o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ao helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que non puido acudir por cuestións meteorolóxicas.
Ademais, tamén se informou aos Bombeiros de Valdeorras, GES da Veiga, Garda Civil de Tráfico e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Bolo. Os ocupantes do turismo tiveron que ser liberados polos bombeiros e, posteriormente, trasladados polo 061 ao hospital.