Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home e dúas mulleres resultan feridas nunha colisión en Tordoia

Falece un home e dúas mulleres resultan feridas nunha colisión en Tordoia

Unha das mulleres tivo que ser trasladada ao estar ferida de gravidade

G24.gal 24/02/2024 20:26 Última actualización 24/02/2024 21:56

Un home morreu e dúas mulleres resultaron feridas nunha colisión entre dous coches e un camión que tivo lugar na tarde deste sábado na localidade coruñesa de Tordoia. O feito tivo lugar preto das 19:00 da tarde cando un particular chamou ao 112 para alertar do sinistro ocorrido no quilómetro 33,5 da AC-400, en Andoio.

Segundo informaron fontes do 112 Galicia, nun dos turismos viaxaban dúas persoas, entre elas o home falecido, que necesitou ser excarcerado polos bombeiros. Neste vehículo ía tamén unha muller que resultou ferida de gravidade, polo que tivo que ser trasladada polos servizos sanitarios.

No outro coche implicado, as fontes do 112 informaron de que viaxaba unha única persoa. Trátase dunha muller que, aínda que o seu estado non parecía revestir gravidade, tamén foi evacuada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade