Os xabarís estragan prados en Cervantes
Os xabarís estragan prados en Cervantes
Os gandeiros reclaman a autorización de batidas
Denuncian que quedan sen alimento para o gando
Praderías totalmente estragadas polo xabaril. Esta é a imaxe que se repite en numerosas leiras dos lugares cervantegos de Vilanova do Pedregal e Cereixedo.
"Hai tal cantidade de xabarís que non deixan vivir. Desfán presas, prados e as patacas", sinala José Manuel Rodríguez, un dos gandeiros afectados.
Os xabarís arrásano todo ao seu paso, deixando sen comida o gando e obrigando os gandeiros a comprar alimento. Héctor ten estragadas xa máis de 5 hectáreas de terreo.
"Está todo desfeito polo xabaril. Agora xa non nace a herba nin se pode cortar despois. Quedamos sen alimento para o ganado, haberá que mercar e está todo carísimo, non sae rendible", sinala Héctor Quiroga, un dos gandeiros afectados.
Reclaman que a Administración autorice a realización de batidas na zona para poder controlar así o grande incremento na poboación de xabarís.
"Hai unha cantidade enorme deles e non se fan batidas nin nada, quitáronas e non sabemos porqué e pagar pagan o que eles queren e cando queren".
"Batidas, hai que facer batidas, senón non se vive con eles".