Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os xuíces e fiscais consideran "inasumible" a proposta económica de 44 millóns para evitar a folga

Os xuíces e fiscais consideran "inasumible" a proposta económica de 44 millóns para evitar a folga

Reúnense por segunda vez no Ministerio de Xustiza para negociar un incremento retributivo

G24.gal 08/05/2023 14:51 Última actualización 08/05/2023 15:05

Xuíces e fiscais volven reunirse co Goberno para avanzar na negociación salarial. Ven insuficientes os 44,6 millóns que ofrece o Ministerio de Xustiza porque só lles suporía recuperar un seis por cento de poder adquisitivo.

Os representantes da maxistratura piden mellorar a retribución das gardas e dos trienios, unhas reivindicacións que contan co apoio do Consello Xeral do Poder Xudicial. Esta segunda reunión, no ministerio de Pilar Llop, quere evitar a folga xeral que cinco das sete asociacións de xuíces e fiscais convocaron a partir do 16 de maio.

Antes de entrar á xuntanza, o voceiro da Asociación Profesional da Maxistratura aseguraba que a proposta económica trasladada na primeira xuntanza "non é asumible. Dito isto, agradécese indubidablemente o esforzo de todas as partes por resolver un problema que se cualificou como histórico. Veremos o que depara o tempo, hai unha convocatoria de folga nunha semana".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade