Os xuros chegaron a máximos?, por Venancio Salcines
Os xuros chegaron a máximos?, por Venancio Salcines
O debate xa non está en canto van subir os xuros, senón en cando van empezar a reducirse
Anticipa a Reserva Federal cos seus movementos o pasos que dará o Banco Central Europeo?
En certa maneira, si. A súa lóxica, neste intre, é a mesma ca a do BCE: loitar contra a inflación. Tanto en Europa coma nos Estados Unidos os prezos enerxéticos foron claves na escalada de prezos, e tanto aquí coma alí estes están a moderarse. É mais, nunha comparanza interanual, están en negativo. Por iso, fundamentalmente, estamos a ver moderación no crecemento dos prezos tanto en Europa coma nos Estados Unidos.
O problema é que isto é ó único que observamos. O mercado laboral mostra unha forza inesperada. A súa fortaleza está a sorprender, como a capacidade de resistencia do sector manufactureiro e os servizos.
É dicir, o pulo da demanda mostra pouca sensibilidade ás subas dos xuros. Ante isto, as autoridades norteamericanas mostran temor a que unha baixada acelerada poida impulsar o que parece que quere crecer. Por outra parte, unha suba tampouco parece necesaria porque, en teoría, xa comezou o camiño do descenso
Que facer?
Táboas, nin subir nin baixar.
Fará o mesmo o BCE?
Todo parece indicar que non, que nos espera unha nova suba de cuarto de punto. Agora, esta si pode ser a ultima. O punto de chegada á cima tan esperado. Europa ten un mercado de traballo que se está a comportar ben, pero non está nos puntos de pleno emprego dos Estados Unidos.
A subxacente está a mostrar aquí un mellor comportamento en Europa, e temos base para afirmar que, unha vez amortizada a crise de Ucraína, deberiamos ter unha aterraxe dos prezos mais cómoda ca os estadounidenses.
En todo caso, o debate xa non está en canto van a subir os xuros, senón en cando van a empezar a reducirse.