Publicador de contidos
Publicador de contidos

Óscar Cano: "Dos seis partidos que quedan, haberá que facer cinco grandes resultados"

Óscar Cano: "Dos seis partidos que quedan, haberá que facer cinco grandes resultados"

O Ceuta é o mellor equipo da segunda volta

Foto @RCDeportivo
G24.gal 21/04/2023 11:23 Última actualización 21/04/2023 13:44

O Deportivo-Ceuta supón a primeira das seis finais que quedan ao equipo branco e azul para seguir aspirando ao ascenso directo. Os de Óscar Cano non poden fallar máis e regresan a Riazor para medirse ao mellor equipo da segunda volta.

O técnico branco e azul deu as claves da previa do encontro fronte ao cadro ceutí:

"É obvio que dos 6 partidos, haberá que sacar polo menos 5 grandes resultados. Pero esas son contas que igual o domingo falamos doutras. O fútbol é tan incerto que o que parece hoxe que é, mañá deixa de parecer". 

O técnico deportivista analizou o bo momento do Ceuta:

"Hai que encomiar o traballo de José Juan. Teño unha boa relación con el. É un adestrador moi capacitado. Enfrontámonos hai moitos anos. Tiña bos xogadores e facía bo fútbol".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos