Publicador de contidos
Publicador de contidos

O mosteiro de Oseira estrea albergue de peregrinos con 42 prazas

O mosteiro de Oseira estrea albergue de peregrinos con 42 prazas

O novo edificio, construído nun antigo galiñeiro, completa as 32 prazas para peregrinos que xa había neste lugar 

G24.gal 28/03/2022 14:59

O mosteiro de Oseira, no concello ourensán de San Cristovo de Cea, conta dende hoxe cun segundo albergue de peregrinos. Está situado no predio do propio mosteiro e ten capacidade para 42 persoas, que se suman ás 32 que tiña o anterior albergue e que estaban a ser insuficientes polo incremento de reservas.

O novo edificio, construído nun antigo galiñeiro, custou 800.000 euros. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, visitou este luns as instalacións  e dixo que ao remate deste Ano Santo haberá 78 albergues de peregrinos na rede pública, dos que 16 están na Vía da Prata, como este de Oseira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos