Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ourense é a segunda cidade con máis poboación miope de España

Ourense é a segunda cidade con máis poboación miope de España

O abuso de pantallas está detrás do aumento da miopía

G24.gal 10/06/2024 14:16 Última actualización 10/06/2024 14:41

Unha cidade galega está entre as que teñen máis poboación miope. É Ourense, despois de Sevilla, a que encabeza este ránking tras as probas feitas por unha clínica oftalmolóxica por toda España.
O abuso de pantallas está detrás do aumento da miopía. 

O 45 por cento dos ourensáns son miopes, segundo o estudo dunha clínica oftalmolóxica. Os síntomas máis comúns da miopía son: dificultade para ver de lonxe e fatiga ocular. Nestes casos recomendan unha revisión.

"Graduando a maior parte son miopes, familias enteiras, e miopes altos, incrible, miopías de vinte e tantos e tamén miopías en nenos".

Ademais da xenética, os ópticos vinculan o aumento das persoas con miopía co uso continuo de pantallas.

"Adáptase o ollo a esa distancia e fai que de lonxe vexamos moito peor. Para evitalo, por cada hora que cada un mira unha pantalla teriamos que mirar lonxe ou saír á rúa".

Segundo a Organización Mundial da Saúde, no 2050 a metade da poboación será miope.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos