Pablo Cavallero: "O domingo animarei o Celta"
Pablo Cavallero: "O domingo animarei o Celta"
O ex de ambos conxuntos recoñeceu a súa predilección polo cadro vigués, no que xogou durante catro temporadas
Loou a figura de Coudet e espera que da súa man os celestes poidan dar un paso adiante nas súas aspiracións
Esta semana Matías Dituro bateu o seu récord como porteiro con máis penaltis parados nunha temporada coa camisola celeste
O exporteiro de Celta e Español Pablo Cavallero xogou onte 'Ao contraataque' e valorou o choque do próximo domingo onde se enfrontarán periquitos e celestes no estadio de Cornellá-El Prat:
"Estiven ata novembro traballando coma secretario técnico de Vélez. En maio viaxo cara a Europa para ver adestramentos e visitar a coñecidos. Pararei en Vigo onde aínda teño moitos amigos e propiedades. Estou moi agradecido a ambos clubs que están a un nivel moi parello. O domingo vou co Celta. O Español téñoo tamén no corazón pero en Vigo pasei lindos momentos, case cinco anos. Ademais está o Chacho, que é unha persoa que me cae moi ben. Coudet non estivo moito coma xogador en Vigo e non é fácil desembarcar nunha liga na que non tes tanto coñecemento. Pero ten un gran sentido de adaptación. Está facéndoo ben. Seguramente gustaríalle estar con sete ou oito puntos máis arriba. Dituro parou moito. Catro penaltis de oito son moitos. O Celta terá que analizar se é rendible mercar a Dituro. Ver o que vai cobrar, cal é a actualidade física do xogador... facer un paquete e ver se lle paga a pena dar esa continuidade"