Pablo Iglesias advírtelle a Yolanda Díaz que Podemos "debe ser respectada"
Pablo Iglesias advírtelle a Yolanda Díaz que Podemos "debe ser respectada"
Iglesias sinalou que é dunha "inxenuidade ruborizante" pensar que a nova esquerda de Sumar podería "ter o campo despexado" se a Podemos lle vai mal nos comicios autonómicos e municipais
Pablo Iglesias envioulle hoxe unha mensaxe a Yolanda Díaz pedindo respecto para Podemos, unha reclamación que foi o fío condutor na denominada Uni de Outono, que celebrou a formación morada esta fin de semana.
Iglesias sinalou que "non hai discurso máis reaccionario ca o que di que o problema son os partidos". Ademais, salientou que Podemos foi xeneroso apostando por Yolanda Díaz como candidata e que ten que seguir apoiando a Sumar, pero desde o respecto:
"Ten que apostar por confluír con Sumar nas eleccións xarais e ten que confluír con todas as organizacións de esquerdas, pero Podemos debe ser respectada. Quen pensa que lle pode ir ben nas eleccións xerais a unha candidatura da esquerda se a Podemos lle vai mal nas eleccións municipais e autonómicas? Hai que ser estúpido".