Cargando resultados...
Paciência e Sergio Carreira saen do cadro vigués cedidos por unha temporada
Paciência e Sergio Carreira saen do cadro vigués cedidos por unha temporada
O dianteiro portugués regresá á Bundesliga para xogar no Bochum e o da canteira probará sorte no Elxe, da Segunda División
G24.gal
01/09/2023 20:34
O Celta conseguiu liberar dúas fichas de xogadores cos que non contaba Rafa Benítez. Gonçalo Paciência volve á Bundesliga e xogará como cedido no Bochum. Lembremos que chegara ao cadro vigués procedente do Eintracht.
Na temporada que xogou no Celta marcou dous goles en 25 partidos, só cinco como titular. O inicio foi bo pero acabou caendo no seu rendemento.
Sergio Carreira elixiu un dos equipos punteiros na Segunda División. O Elxe é un claro candidato a regresar á máxima categoría. O ano pasado estivo no filial do Vilarreal tamén como cedido e realizou unha boa campaña con 31 partidos xogados e dous goles.