Pacto en Navarra para apoiar a investidura da socialista María Chivite
Pacto en Navarra para apoiar a investidura da socialista María Chivite
Os representantes de PSN, Geroa Bai e Contigo-Zurekin chegaron este luns un acordo
Os representantes de PSN, Geroa Bai e Contigo-Zurekin chegaron este luns un acordo para a formación de Goberno en Navarra para que a socialista María Chivite volva ser presidenta.
O acordo foi alcanzado tras unha reunión que se prolongou durante aproximadamente cinco horas no Parlamento de Navarra.
No encontro, Geroa Bai presentou unha contraproposta á última oferta do PSN, e finalmente, tras varias horas de conversacións, os tres grupos alcanzaron un acordo.
PSN, Geroa Bai e Contigo-Zurekin suman 21 dos 50 escanos do Parlamento de Navarra, polo que aínda sería necesaria polo menos a abstención de EH Bildu.
A formación abertzale está a barallar dar incluso o seu voto favorable e anunciou unha consulta á súa militancia nese sentido.