Cargando resultados...
Papá Nöel xa recibe visitas na súa residencia de inverno viguesa
A casa de Papá Nöel está aberta polas tardes e na fin de semana
G24.gal
26/11/2021 20:23
Non é un turista máis... ben parece unha estrela do rock ou do cinema, cun grande escenario preparado e moito público agardando por el. Nin siquera o alcalde quixo perder a benvida a Papá Noel en Vigo.
Ata o 24 de decembro, Papá Noel intercambia saúdos e atende peticións na súa residencia da rúa Policarpo Sanz.
E xa con tan ilustre visitante na cidade e as luces prendidas, as outras tradicións de Nadal vanse poñendo en marcha, como o belén monumental da Casa das Artes, tamén esta fin de semana, con 200 figuras inspiradas en motivos vigueses.