Cargando resultados...
A papanoelada moteira tingue de vermello o centro de Vigo
A papanoelada moteira tingue de vermello o centro de Vigo
A cita sempre é uns días antes da Noiteboa e ten un fin solidario
G24.gal
23/12/2023 21:23
Última actualización 23/12/2023 21:36
Uns días antes da Noiteboa, o centro da cidade de Vigo tínguese de vermello. Milleiros de persoas soben ás súas motos para celebrar e participar na papanoelada moteira".
Este evento masivo pode chegar a aglutinar unhas 10.000 persoas que fan unha ruta en moto pola cidade convertendo Vigo nunha festa familiar e, como non, solidaria.
Detrás do ruxir das súas motos, e dos milleiros de caramelos que reparten entre a xente que agarda por eles nas rúas, hai unha recollida de produtos a favor do banco de alimentos.