Publicador de contidos
Publicador de contidos

Para Borja Jiménez, o partido ante o Racing non será determinante

Para Borja Jiménez, o partido ante o Racing non será determinante

O club despachou máis de 7.000 localidades e espérase a mellor entrada da tempada

Foto @RCDeportivo
G24.gal 16/02/2022 11:11

O Deportivo xogará hoxe un partido marcado no calendario desde hai dúas semanas. Primeiro contra segundo na clasificación, pero Borja Jiménez preferiu quitarlle transcendencia.

“Non creo que vaia a ser determinante, porque van quedar moitas semanas despois. O que ocorra non nos pode afectar nin para ben nin para mal. A maneira de conseguir os obxectivos é sendo moi lineal. Isto é como o colexio, de que serve sacar un 10 en matemáticas e un 0 en inglés? De nada. O partido é especial, diferente, non lle quitarei transcendencia, pero non é determinante. Hai que ir aos poucos, salvando todos os escollos. Creo que vai haber máis equipos na pelexa, todos picamos e a liga está moi igualada”

Unha cota importante de protagonismo no partido poñeraa a afección deportivista, que se envorcou para a ocasión. O club despachou máis de 7.000 localidades e espérase a mellor entrada da tempada. Borja Jiménez non ocultou que agarda un ambiente “especial”.

“Si creo que imos estar ante un ambiente diferente. Teño moi bo recordo da primeira xornada contra o Celta B. Notei na xente que era un partido especial e Riazor nos partidos especiais soa moito máis. Será especial, nótoo nas ganas, na cidade...”

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar