Publicador de contidos
Publicador de contidos

A afección do Deportivo pide "respecto" nunha manifestación

A afección do Deportivo pide "respecto" nunha manifestación

G24.gal 29/06/2023 20:35

A manifestación convocada pola Federación de Peñas do Deportivo, Riazor Blues e Old Faces desenvolveuse a partir das oito da tarde deste xoves con saída na Praza de Pontevedra, onde está a sede do club coruñés. 

As peñas piden "respecto" para a afección do Deportivo e reclaman unha mellor comunicación por parte da entidade. Non están de acordo con todo o que sucedeu despois da derrota contra o Castellón na fase de ascenso á Segunda A, a renuncia de todo o Consello de Administración e o cesamento de Rubén de la Barrera como adestrador. 

Non haberá novos conselleiros ata o mes de xullo, aínda que xa se filtrou que dúas das novas facianas serían Carlos Ballesta e Álex Bergantiños. Entenden que tampouco se sabe nada da planificación deportiva a pouco de principiar a pretemporada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade