Cargando resultados...
Patiño aterra na Coruña para achegar talento ao ataque do Deportivo
Patiño aterra na Coruña para achegar talento ao ataque do Deportivo
O xogador asinou o contrato que o une ao cadro deportivista ata o 2028
G24.gal
25/08/2024 17:29
Última actualización 25/08/2024 21:22
O xogador inglés, de orixe galega, Charlie Patiño aterrará en Galicia e asinará o contrato que o une ao Deportivo. O mediapunta formado no Arsenal é unha das apostas da dirección deportiva para darlle un pulo de calidade ao ataque no cadro coruñés.
Patiño, que chegou a debutar cos Gunners, estivo cedido nas dúas últimas temporadas no Blackpool e no Swansea co que xogou 33 partidos e marcou 3 goles. O cadro coruñés adquire un xogador de futuro -ten 20 anos- e de calidade contrastada.