Publicador de contidos
Publicador de contidos

Patrícia Hmírová: “O proxecto do Deportivo é ilusionante, e iso convenceume”

Patrícia Hmírová: “O proxecto do Deportivo é ilusionante, e iso convenceume”

A eslovaca confesou estar “sorprendida” pola profesionalidade que se atopou no equipo deportivista

G24.gal 28/08/2024 13:54 Última actualización 28/08/2024 14:01

A internacional eslovaca Patrícia Hmírová asegurou este mércores que a súa fichaxe polo R. C. Deportivo débese a que lle convenceu “o proxecto” do conxunto branco e azul, un recentemente ascendido á liga F.

“O meu obxectivo principal era seguir na liga F. Tiven ofertas doutros equipos españois, pero o proxecto do Dépor é ilusionante e iso convenceume”, manifestou en conferncia de prensa a ex-xogadora do Spórting Huelva.

A Patrícia Hmírová non lle desgusta empezar o campionato medíndose ao Barça porque ao ser un equipo “novo” na categoría poden “sorprender” ao campión de Liga e Liga de Campións.

“A liga española é moi complicada porque o nivel dos clubs é moi alto, pero eu confío no rendemento do equipo. Creo que non seremos un rival fácil para ninguén”, augurou.

A eslovaca confesou estar “sorprendida” pola profesionalidade que se atopou no equipo deportivista, ao que espera achegar a súa “experiencia” para cumprir o obxectivo da permanencia.

“Xoguei coa miña selección nacional e en clubs de diferentes ligas e o Dépor é o club máis profesional que coñecín”, manifestou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar