Publicador de contidos
Publicador de contidos

Patronal e sindicatos asinan este mércores o acordo salarial sen presenza do Goberno

Patronal e sindicatos asinan este mércores o acordo salarial sen presenza do Goberno

Recoñece o dereito dos traballadores a non atender dispositivos dixitais fóra da xornada de traballo, especifica as condicións do teletraballo e impulsa fórmulas de xubilación gradual

G24.gal 09/05/2023 14:43 Última actualización 09/05/2023 14:53

Garamendi reivindica o papel dos empresarios e sindicatos e xustifica que o Goberno non vai estar este mércores na sinatura do acordo. "É un acordo bipartito e non vetamos ao Goberno", asegura o presidente da CEOE.

Sindicatos e patronal, asinarán un acordo que vai máis alá da suba dos salarios. Recoñece o dereito dos traballadores a non atender dispositivos dixitais fóra da xornada de traballo, especifica as condicións do teletraballo, impulsa fórmulas de xubilación gradual e flexible e permitirá ás mutuas controlar o absentismo.

En calquera caso, convén lembrar que o acordo para o emprego e a negociación colectiva non é de obrigado cumprimento, só é unha especie de guía para sindicatos e empresarios á hora de negociar convenios colectivos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade