Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pau Echaniz gaña o bronce no piragüismo slalom

Pau Echaniz gaña o bronce no piragüismo slalom

O donostiarra foi terceiro na final do k1 masculino e colga a presea ao pescozo

De Gennaro e Castryck foron o primeiro e o segundo

Pau Echaniz, na súa quenda da final. EFE Pau Echaniz, na súa quenda da final. EFE
G24.gal 01/08/2024 18:15

Outra medalla para España. A primeira sobre augas francesas acádaa Pau Echaniz. O padexeiro donostiarra foi terceiro na final de piragüismo slalom e dálle a súa cuarta medalla á delegación española, sen contar a que xa ten asegurada Enmanuel Reyes en boxeo.

A final do k1 masculino saíu a pedir de boca para Pau Echaniz. Na semifinal tivo que loitar moito para meterse na proba polas medallas, pero o esforzo tivo a súa recompensa. A derradeira proba deulle a tan soñada presea. 

Por diante del, o italiano De Gennaro, que foi ouro, e o francés Castryck, que se fixo coa prata. É a primeira medalla acuática que consegue a delegación española despois de varios tropezos en probas nas que había esperanzas. Foi Pau Echaniz quen o logrou, e loce o seu bronce.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade