Publicador de contidos

Publicador de contidos

Paula Dapena, un ano de insultos e ameazas por negarse a homenaxear a Maradona

Paula Dapena, un ano de insultos e ameazas por negarse a homenaxear a Maradona

A futbolista do equipo Interrías segue recibindo acoso machista polas redes

G24.gal 25/11/2021 15:50

Foi unha foto que se fixo viral, a da futbolista Paula Dapena, xogadora do Interrías sentada no chan e dando as costas para non homenaxear a Maradona. Pasou por Zona mixta da Radio Galega para contar como, un ano despois, segue o machismo.

Acoso en redes

A futbolista pontevedresa segue recibindo mensaxes ofensivas e mesmo viu como lle roubaban a súa conta de Twitter hai uns días

As ameazas non paran, así o explicaba na Galega:

“Hai unha hora chegoume outra”

“O peor foron as ameazas de morte e de violación, ás veces sentín medo”

De momento, contou: "estou recompilando todos os insultos e ameazas por se algún día vai a máis e teño que denuncialo na Policía", dixo.

Hai xusto un ano, pasaba polo mesmo programa para contar o que lle pasou ese día

Deixa o fútbol

Finalmente, un ano despois, por diversas causas, entre elas esta, abandona a práctica deportiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade