Publicador de contidos
Publicador de contidos

Paula Ginzo: "Agora é o máis difícil. Somos un equipo forte e podemos dar sorpresas"

Paula Ginzo: "Agora é o máis difícil. Somos un equipo forte e podemos dar sorpresas"

A galega confía nas súas posibilidades para seguir vivindo o que considera un "soño"

G24.gal 04/08/2024 18:17 Última actualización 04/08/2024 18:49

A ourensá Paula Ginzo atendeu a Loreto Costa esta tarde ás portas da Vila Olímpica coincidindo coa chegada da selección feminina a París. Como ela mesma di, está a vivir un "soño", mais agora chega o "máis difícil".

A selección feminina de baloncesto agarda rival para o seu partido do mércores de cuartos de final. Despois de tres de tres vitorias están imbatidas, un resultado que Paula di que "asinarían hai unhas semanas". Á súa vez, destaca a dificultade dos rivais vencidos, como poden ser Serbia ou China. Resulta para elas moi positivo que cada partido "foi un pouco mellor que o anterior". 

Por outra banda a arbitraxe non está a ser de todo do gusto das españolas. "Están permitindo un baloncesto ao que non estamos acostumadas, moi duro", comentaba Paula, aínda que recalcaba: "non é culpa da arbitraxe, senón de quen pon as normas deste". 

Á hora de pensar no mellor rival posible, con moita diplomacia, a ourensá afirmaba que todos son difíciles, e que "veña quen veña" ela farano o mellor posible. Confiada nas súas, Paula Ginzo cre que poden dar sorpresas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade